CITIC

O CITIC participou no hackatón "EU vs virus”

27/04/2020

Un equipo formado por membros do CITIC participou no hackatón europeo “EU vs virus”, organizado pola Comisión Europea, a través do Consello Europeo de Innovación e en colaboración cos Estados membros da UE. O hackatón ten o obxectivo de conectar á sociedade civil, innovadores, socios e inversores de toda Europa co fin de desenvolver solucións innovadoras para os desafíos relacionados co coronavirus.

O equipo, baixo o nome “Let’s move by the deconfining!”, estivo formado polo vicerreitor de Política Científica, Investigación e Transferencia da UDC e investigador do CITIC, Salvador Naya; a investigadora da área de Enxeñaría Nuclear da UDC, Sonia Zaragoza; a integrante a área de Proxectos Europeos de I+D da OTRI da UDC, Dores Pérez Brun; a responsable da Unidade de Proxectos Europeos do CITIC, Ana Almécija; e a enxeñeira aeroespacial de Airbus Francia, Branca da Igrexa.

Os participantes tiveron 48 horas para colaborar a través de diferentes plataformas online e construír unha solución dentro das áreas de desafío. A proposta do CITIC foi o desenvolvemento dunha aplicación de software para monitorizar o proceso de desconfinamento, baseada na análise de datos e en machine learning.

O próximo 30 de abril coñeceranse os proxectos ganadores nunha cerimonia de premios en streaming.