CITIC

O CITIC realiza as primeiras probas no marco do convenio de colaboración con COGAMI

10/06/2019

A semana pasada, o Living Lab do CITIC recibiu a primeira visita dunha persoa con diversidade funcional para avaliar a experiencia que transmite unha contorna de realidade virtual. Trátase da primeira proba realizada no marco do convenio de colaboración asinado entre o CITIC e COGAMI.

Así, a través das lentes HTC, durante as probas experimentáronse varios escenarios, entre os que destacan un en movemento (simulación de montaña rusa) e outro de posicionamiento espacial (GoogleEarth). Os resultados foron moi positivos, xa que a realidade virtual permitiu á persoa experimentar diferentes sensacións que nunha contorna real non podería realizar.

A partir desta primeira proba, evolucionarase ata chegar a contidos que permitan traballar de forma específica con estas persoas as actividades da vida diaria e promover a participación en actividades de lecer que, doutra forma, non poderían ter acceso. Dende o CITIC comezarase a traballar na creación e proba de entonos particulares e personalizados con contidos significativos para cada participante.