25/11/2022 – CITIC
Esta semana, profesorado de centros de educación secundaria de Turquía e Chipre, acompañados polo profesor da Facultade de Economía e Empresa da UDC Felix Puime, visitaron o CITIC co obxectivo de establecer posibles liñas de colaboración en proxectos de temática STEM (Science, Technology, Engineering and Mathematics). O profesorado reuniuse coa investigadora Adriana Dapena e o investigador Luís Hervella para coñecer algúns dos proxectos STEM que se están desenvolvendo actualmente no CITIC, como o proxecto Talentos Inclusivos.
O grupo tamén realizou unha visita polas instalacións do centro na que puideron coñecer algúns dos proxectos expostos no Demostrador Tecnolóxico, o CPD, e os laboratorios de Realidade Virtual e de Impresión 3D.
Ao longo desta semana o profesorado participou en numerosas conferencias e obradoiros impartidos por persoal docente e investigador da Universidade da Coruña, así como visitas polos campus da UDC e os seus centros de investigación.