CITIC

O Consello Europeo de Investigación publicará en setembro unha nova convocatoria das axudas Starting Grants

08/08/2018

O Consello Europeo de Investigación (ERC) ten prevista a publicación a mediados de setembro dunha nova convocatoria das axudas Starting Grants (StG) dentro do Programa de Ciencia Excelente do Horizonte 2020.

As StG están dirixidas a investigadores que teñan entre 2 e 7 anos de experiencia postdoutoral, con potencial para independencia nas súas liñas de investigación e evidencia de madurez, que presenten proxectos individuais moi innovadores e de alta calidade.

Cando estea aberta, todos os detalles da convocatoria estarán dispoñibles nesta ligazón.