CITIC

O director do CITIC participa como mentor no encontro Talentia 2018

14/11/2018

O director do CITIC, Manuel F. González Penedo, participou como mentor da área de Tecnoloxías da Información e a Comunicación no encontro Talentia 2018. O evento tivo lugar o 13 e 14 de novembro en Santiago de Compostela.

Na súa primeira edición, Talentia ten como obxectivo a inserción do talento e a dinamización do emprego, promovido pola área de Emprego do Concello de Santiago. Así, os participantes tiveron a oportunidade de asistir a un encontro persoal, en sesións de 15 minutos, co director do CITIC. Penedo, como experto e referente no ámbito das TIC en Galicia, asesorounos e ofreceulles orientación laboral como apoio na búsqueda de emprego.