CITIC

O director do CITIC participa no Fórum RIES 2019 moderando una mesa sobre Silver Economy

10/10/2019

Os próximos días 23 e 24 de outubro o Palexco da Coruña acollerá a cuarta edición do Fórum Internacional RIES, organizado polo Cluster Saúde de Galicia e a Xunta de Galicia, en colaboración coa Obra Social “La Caixa” e a ECHAlliance. O director do CITIC Manuel F. González Penedo participará como moderador da mesa “A Silver Economy, contexto, oportunidades e beneficios”. Así mesmo, Pablo Guillemette, membro do CITIC, forma parte do comité organizador do Fórum.

A temática do RIES19 será “Silver Economy: por un envellecemento activo e saudable” e nel abordaranse os novos desafíos internacionais existentes na Silver Economy, economía que xorde a raíz do envellecemento poboacional, promovendo unha etapa activa e saudable.

RIES19 centrarase nas oportunidades de investigación, innovación, creación de emprego, dinamización da economía e mellora de calidade de vida das persoas maiores, en sintonía coas metas de saúde e benestar marcados polos Obxectivos de Desenvolvemento Sostible (ODS) da ONU e pola OMS.

Máis información do evento e formalización de inscricións en: https://forumries.com/