CITIC

O investigador do CITIC Pedro Cabalar dirixe un grupo de traballo na rede europea DigForASP

20/11/2018

O investigador do CITIC Pedro Cabalar asistiu ao primeiro meeting da rede europea DigForASP (COST action CA-17124), da cal dirixe un dos seus grupos de traballo, o working group 3: prototypes and platforms. A reunión tivo lugar en Évora (Portugal) do 8 ao 10 de novembre.

Esta red estuda a aplicación de Razonamento Automático a Análise de Evidencia en Informática Forense e está actualmente composta por 80 investigadores de 31 países, incluíndo representantes de universidades, corpos e forzas de seguridade de distintos estados, así coma o organismo ENSFI (European Network of Forensic Science Institutes).