CITIC

O investigador Fernando López Pena participa nunha demostración de vehículos robóticos submarinos para a Armada

11/11/2019

O investigador do CITIC Fernando López Pena participou nunha demostración de dous vehículos robóticos submarinos para a Armada Española. Esta demostración encádrase dentro da fase 1 do programa Barracuda do Ministerio de Defensa, que está destinado a avaliar as tecnoloxías que o mercado español ofrece en relación cos vehículos autónomos non tripulados (UUV). Os UUV caracterízanse por ofrecer unhas altas prestacións a custos relativamente baixos, o que está permitindo reemplazar aos humanos en tarefas con alto risco, condicións desfavorables ou moi repetitivas.

En concreto, esta demostración tivo lugar no Canle de Experiencias Hidrodinámicas do Pardo e despregáronse dous vehículos robóticos submarinos actuando simultaneamente, despregando o de menor tamaño desde o outro que actuaba como nodriza.

A raíz desta actuación, o grupo ao que pertence o investigador Fernando López Pena foi invitado a participar o pasado 29 de outubro no Ministerio de Defensa nunha reunión de expertos da iniciativa da OTAN “Maritime Unmanned Systems (MUS)”.