CITIC

O alumnado do programa Espazo Compartido da UDC visita o CITIC

15/11/2019

Un grupo de alumnos e alumnas do programa Espazo Compartido da Universidade da Coruña visitou esta mañá as instalacións do CITIC. A visita iniciouse cunha presentación do centro por parte do subdirector, Javier Pereira. Posteriormente, o alumnado puido visitar a sala showroom do centro, onde tiveron a oportunidade de probar diferentes aplicacións desenvolvidas con tecnoloxía de realidade virtual e interacción co mundo físico a través da plataforma Scratch e dispositivos como Micro:Bit. Tamén puideron explorar contornas inmersivos con lentes de realidade virtual para experimentar novas sensacións.

Espazo Compartido é un programa de formación en habilidades persoais, sociais e competencias básicas, para a empregabilidade e o fomento da inclusión laboral de mozas con discapacidade cognitiva. Está promovido pola Universidade da Coruña a través do Centro Universitario de Formación e Innovación Educativa (CUFIE). Trátase dun proxecto pioneiro no sistema universitario autonómico e un dos primeiros a nivel nacional. O seu obxectivo principal é incluír a persoas con discapacidade cognitiva no espazo formativo universitario e pretende, en última instancia, que os estudantes avancen na construción dunha autoimaxe positiva e dun proxecto de vida que lles permita desenvolverse de xeito autónomo.