Chega unha nova edición dos Almorzos TIC Talk do CITIC da UDC da man da investigadora Cheyenne Amoroso Sanmiguel. A economía e a relevancia do axuste estacional de datos para unha interpretación máis precisa e unha toma de decisións máis eficiente protagonizaron a xornada de hoxe. A presentación, titulada “Time Series Through Change: Patterns, Trends and Adaptations”, abordou os desafíos de traballar con series longas de datos nun período temporal longo que se viron afectadas por determinadas circunstancias e coxunturas económicas. A investigadora do CITIC fixo especial énfase en series macroeconómicas impactadas pola crise financieira do 2008.
Os Almorzos TIC Talk ofrecen unha oportunidade para descubrir os avances máis recentes en diversos campos do coñecemento, destacando a importancia da interdisciplinariedade e o potencial transformador das tecnoloxías da información e das comunicacións.