CITIC

Entrevista co investigador Guido Novoa tras a súa estancia na Universidade de Chile

15/10/2018

Cal é o teu campo de estudo?

A miña investigación céntrase na optimización matemática, concretamente no deseño de problemas de programación lineal e a implementación de algoritmos heurísticos aplicados a problemas reais de optimización combinatoria. En particular, a miña tese céntrase en problemas de rutas de vehículos (VRP) con replanificacións periódicas.

En qué universidade realizaches a túa estancia e por que a elixiches?

Realicei a miña estancia no Centro de Modelamiento Matemático, un centro adscrito á Universidade de Chile. Este centro ten unha ampla experiencia no deseño de modelos e software para abordar problemas reais nos que a matemática está presente. En particular, traballan con problemas de rutas de vehículos asociados a diversas áreas: mineiría, loxística, etc., que teñen certa relación coa miña tese.

En que consistiu o traballo que desempeñaches y que aplicacións ten?

Durante estes tres meses traballei xunto co profesor Jorge Amaya nun modelo para a asignación e relevo de condutores de trens na industria mineira de Chile. Este problema consiste en asignar condutores a viaxes nas que se transportan minerais desde o seu punto de extracción a portos ou puntos de tratamento. Estas viaxes adoitan ser demasiado longas e exceden los máximos legais, por tanto, é necesario facer relevos na tripulación.  Durante estes meses deseñamos un modelo exacto que asigna os condutores ás distintas viaxes e os releva en caso de ser necesario. Este modelo inclúe varias restricións legais que fan que o problema asociado resulte de gran dimensión, polo que habería que recurrir a técnicas heurísticas para a súa resolución nun tempo razoable. Este problema podería ser adaptado a outras compañías de trens (non necesariamente mineiras) e transporte no cal haxa que facer cambio de tripulacións.

Por último, coméntanos algo da parte máis persoal da estancia: Que te pareceu a cidade? Como é a xente e a cultura de alí? Onde te aloxaches? Que te aportou a experiencia a nivel persoal?

Durante os meus estudios de máster estiven un ano na Pontificia Universidad Católica de Valparaíso (PUCV) grazas a unha beca de intercambio bilateral na USC, polo que xa coñecía o país e a súa cultura bastante ben. Durante estes tres meses vivín nun estudo preto da facultade, que está situada nun entorno urbano, co cal estiven moi cómodo en todo momento e puiden desprazarme pola cidade sen complicacións. A nivel persoal, serviume para entrar en contacto con investigadores de outros lugares e aprender cosas novas coas que espero poder seguir traballando no futuro.