Potencial da condución autónoma no CITIC da UDC
O CITIC da UDC foi o punto de encontro para abordar os avances en simulación e xeración sintética de datos anotados para vehículos autónomos.
O CITIC da UDC foi o punto de encontro para abordar os avances en simulación e xeración sintética de datos anotados para vehículos autónomos.
O proxecto europeo RePo-SUDOE celebrou os días 17 e 18 de decembro a súa primeira conferencia no Instituto Politécnico de Guarda, Portugal, no que participa o equipo liderado polo investigador Carlos Fernández Lozano do CITIC da UDC.
O venres 20 de decembro celebrarase na Sala Cloud do CITIC o workshop “Avances en Simulación e Xeración Sintética de Datos Anotados para Vehículos Autónomos”, organizado polo grupo de investigación Computer Graphics & Visual Computing (XLab).
Persoal investigador do CITIC da UDC participaron a pasada semana no I Encontro de persoal investigador en Tecnoloxías Cuánticas, organizado pola Axencia Galega de Innovación (GAIN).
Virginia Carcedo Illera impartirá a próxima charla do ciclo formativo HumanIA 2024-2025, baixo o título “Intelixencia artificial e transformación do emprego tradicional: retos e oportunidades”.
A Secretaría Xeral de Universidades da Xunta de Galicia visitou hoxe o Centro de Investigación en Tecnoloxías da Información e as Comunicacións (CITIC) da Universidade da Coruña (UDC).
O próximo 29 de marzo, de 15:30 a 20:30 h, terá lugar o C3TF CITIC Cyber Competition – release v2.2023, unha competición Capture The Flag organizada polo CITIC da UDC en colaboración con Atlanttic da UVigo, patrocinada pola Cátedra R en Ciberseguridade e co apoio da Facultade de Informática da UDC o MUNICS. A competición está destinada a estudantes co obxectivo de practicar e desenvolver as súas habilidades no ámbito da ciberseguridade.
O próximo 13 de decembro, a partir das 9:40 horas, a sala Cloud do CITIC acollerá o acto de presentación de resultados de resultados de dous proxectos dirixidos por investigadores do centro para avanzar na loita contra a COVID-19. Son os proxectos CEDCOVID: Ciencia e enxeñería de datos para a avaliación, predición poboacional e personalizada da evolución da enfermidade COVID-19, dirixido por Ricardo Cao Abad e Manuel F. González Penedo; e “Predición da estrutura de proteínas de SARS-CoV-2 con técnicas de Intelixencia Artificial”, dirixido por José Santos Reyes.
Facilitar a inclusión tecnolóxica e social a través das TIC entre persoas con diversidade funcional é o obxectivo do programa Talentos Inclusivos, promovido polo CITIC e ASPACE Coruña. O vindeiro 4 de novembro terá lugar na Sala Leonardo da Vinci da Domus A Coruña a presentación da terceira edición do proxecto, coa participación de medio cento de persoas, entre alumnos/as, docentes, usuarios/as de ASPACE Coruña e autoridades locais, autonómicas e nacionais.
O V Congreso XoveTIC, organizado polo CITIC, celebrarase de novo en formato presencial os días 5 e 6 de outubro de 2022, tras dúas edicións en liña debido á pandemia. O congreso está destinado a investigadores/as júnior (predoctorales e posdoctorales) para presentar as súas comunicacións orais ou pósteres das súas investigacións no ámbito do TIC.
O venres 15 de xullo a partir das 10:00h, o Campus Innova da Universidade da Coruña e o Clúster TIC Galicia presentarán, na sala Cloud do CITIC, o Club de Innovación Aberta “Innova Club”. Unha iniciativa que nace co obxectivo de ofrecer solucións a retos empresariais difíciles de solucionar individualmente e cos medios tradicionais.
O CITIC acollerá o mércores 29 de xuño o encontro investigador “Elas no prelo: Mulleres no mundo da edición na Galiza”, onde se fará unha primeira achega á análise da participación das mulleres no mundo editorial galego. Este encontro enmárcase nos traballos ligados a un proxecto máis amplo titulado “A edición literaria na Galiza, 1975-2000” (PID2020-119605RB-I00).
O vindeiro xoves 23 de xuño celebrarase na sala Cloud do CITIC a xornada de peche do programa Inspira STEAM 2022 na provincia da Coruña. No acto compartiranse os resultados obtidos nesta primeira edición do programa, coordinado pola investigadora do CITIC Verónica Bolón e que conta co apoio Campus Innova da UDC, dirixido pola investigadora Susana Ladra.
O venres 17 de xuño a partir das 10:30 h presentaranse os resultados da segunda edición do proxecto Talentos Inclusivos no salón de actos do edificio da Facultade de Socioloxía e da Facultade de Ciencias da Comunicación da UDC. Os equipos participantes no proxecto presentarán as solucións tecnolóxicas desenvolvidas ao longo do curso escolar, que teñen a finalidade de mellorar a calidade de vida de persoas con parálise cerebral.
O próximo 3 de xuño o CITIC acollerá a “Xornada de presentación de convocatorias Cascade Funding”, organizada en colaboración con econet- FundingBox. O obxectivo é dar a coñecer a grupos de investigación, pemes, midcaps e start-ups o financiamento en cascada, un método de financiamento da Comisión Europea que ten como obxectivo impulsar a creación de novas empresas, aumentar a escalabilidade de novos produtos e impulsar a adopción ou desenvolvemento de innovación tecnolóxicas nas empresas. A xornada contará coa presenza de representantes de GAIN, DIHGIGAL e o Clúster TIC, así como de expertos en proxectos financiados por este tipo convocatorias.
O CITIC participará cunha caseta propia no Día da Ciencia na Rúa, que se celebrará o vindeiro 7 de maio no Parque de Santa Margarita da Coruña. O CITIC foi convidado a formar parte deste evento, promovido polo Concello da Coruña a través dos Museos Científicos, para mostrar diferentes proxectos de investigación levados a cabo no centro, así como os desenvolvementos en torno ao proxecto Talentos Inclusivos.
El CITIC acogerá del 19 al 22 de abril de 2022 la “Study Week with Financial Industry”, acción organizada en el marco del Doctorado Industrial Europeo ABC-EU-XVA de la convocatoria MSCA del Programa Marco H2020.
O próximo 25 de marzo, de 12:30 h a 14:00 h, terá lugar no CITIC o acto de presentación do proxecto europeo 3-i ICT, un innovador programa de doutoramento internacional deseñado polo CITIC. Trátase do primeiro programa concedido a unha institución galega dentro da convocatoria H2020-MSCA-COFUND.