CITIC

Fernando López Pena é reelixido presidente da Association of the Alumni of the von Karman Institute

18/11/2019

O investigador do CITIC Fernando López Pena foi reelixido presidente da Association of the Alumni of the von Karman Institute, a asociación de alumnos do von Karman Institute for Fluid Dynamics de Bélxica. O investigador do CITIC revalidou desta forma o cargo por un período de tres anos, tralo cal non poderá optar a unha nova reelección.

A Association of the Alumni of the von Karman Institute foi fundada en 2008 e agrupa a preto de 500 antigos alumnos do von Karman Institute for Fluid Dynamics (VKI). Os seus obxectivos son promocionar o intercambio de información entre os alumni, coordinar a organización de eventos de interese común e poñer en marcha accións a favor do desenvolvemento innovador do VKI e promover a súa visibilidade.