FORO INTERNACIONAL DE MARKETING EXPERTISE: Mercados Internacionais e Comercialización de Tecnoloxía.
15/07/2015
FORO INTERNACIONAL DE MARKETING EXPERTISE:
Mercados Internacionais e Comercialización de Tecnoloxía.
DATA: 15 de Xullo de 2015
LUGAR: CITIC – Campus de Elviña s/n, A Coruña
LOCALIZACIÓN: http://citic-research.org/contacte/mapa_situacion?locale=gl
PONENTE:
Dr. Juan Sanchez.
IC2 Institute(Innovation, Creativite, Capital, http://ic2.utexas.edu ).
University of Austin. Texas. USA.
O Prof. Juan Sanchez é Doutor en Enxeñería e Física, Vicerreitor de Investigación da Universidade de Texas en Austin e Titular da Catedra Temple Foundation Endowed Professorship #4.
Conta con unha grande experiencia en comercialización de tecnoloxía, e as súas responsabilidades comprenden a Oficina de Comercialización de Tecnoloxía, o Instituto IC2 e os laboratorios de investigación aplicada.
Polas súas actividades, o Dr. Juan Sanchez está totalmente comprometido coas actividades empresariais na Universidade de Texas. Supervisou o programa da Universidade de Texas Austin/Portugal para axudar ás start-ups portuguesas a obter mercado en EE.UU., China e India. É responsable na Universidade de Texas do programa da National Science Foundation, I-CORPS, centrado na formación de equipos (profesores, estudantes, empresarios) para levar as tecnoloxías fóra da universidade e colocalas no mercado.
OBXECTIVO DA XORNADA:
Esta xornada, dirixida a Empresas, Inversores I+D+I, Persoal Investigador, Tecnológos e Estudantes de Posgrao, enmárcase dentro dunha serie de actividades que o CITIC organiza durante o ano en curso para fomentar a transferencia tecnolóxica cara ao sector empresarial, co obxectivo concreto nesta xornada de presentar a actualidade en Sistemas de Transferencia e o camiño de comercialización e marketing da I+D+I.
APOIO FINANCEIRO:
Esta xornada realízase co apoio financeiro do IGAPE dentro de Estratexia de Internacionalización de Galicia e coa colaboración da Xunta de Galicia a través do Convenio para Centros de Investigación Singulares da Consellería de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria e a Universidade da Coruña de data 12 de novembro de 2013.
INSCRICIÓNS:
Ata o 13 de xullo de 2015. Formulario electrónico: https://goo.gl/YgtHQd
PROGRAMA:
10:00 Rexistro de asistentes, benvida e apertura.
- Manuel González Penedo. Coordinador CITIC.
- Andrés Faíña Medín. Posgrao en Xestión Empresarial da Innovación e Catedra Jean Monnet de Economía Industrial Europea da Universidade da Coruña.
- Anxo Calvo Silvosa. Decano da Facultade de Economía e Empresa da Universidade da Coruña.
10:30 Ponencia: ”Transferencia e saída ao mercado da tecnoloxía”.
- Dr. Juan Sanchez. Vicerreitor de Investigación da Universidade de Texas e titular da Catedra Temple Foundation Endowed Professorship #4. IC2 Institute.
11:30 Café.
12:00 Foro de Inversores TIC. Colaboración Cluster TIC.
- Antonio Rodríguez del Corral. Presidente Cluster TIC Galicia.
- Dr. Juan Sanchez. Vicerreitor de Investigación da Universidade de Texas. IC2 Institute.
13:00 Reunións bilaterais. Previa solicitude no formulario de inscrición