CITIC

GRESINT

Elixido no marco da terceira convocatoria do Programa Interreg España-Portugal (POCTEP 2021-2027), o proxecto GRESINT, liderado por Sogama, conta cunha dotación de 787.544,67 euros, prevendo a súa finalización en xuño de 2026.

Ademais de Sogama, en calidade de beneficiario principal, forman parte do mesmo, no caso de Galicia, o Centro de Investigación en Tecnoloxías da Información e as Comunicacións (CITIC) da Universidade da Coruña, e, no caso de Portugal, a Asociación de Municipios para a Xestión Sostible de Residuos de Grande Porto (LIPOR) e a Universidade de Beira Interior (UBI).

O proxecto GRESINT busca innovar a xestión de residuos mediante tecnoloxías intelixentes para mellorar a súa clasificación e afectar positivamente a toda a cadea de valor, incluíndo recollida, selección, reciclaxe e valorización. Esto contribuirá aos obxectivos europeos de reciclaxe e promoverá a economía circular.

O proxecto inclúe a elaboración dunha Axenda de Dixitalización do proceso de xestión de residuos, un catálogo de tecnoloxías intelixentes e unha folla de roteiro para a implementación das tecnoloxías identificadas, que serán testadas mediante pilotos nas plantas de Sogama (Cerceda, A Coruña) e LIPOR (Porto). Estes pilotos optimizarán a sensorización, agregarán intelixencia artificial para procesar grandes cantidades de datos e robotización para mellorar a clasificación e control de calidade.

Ademais, realizaranse accións de formación e comunicación para concienciar sobre a importancia da correcta clasificación dos residuos e o uso de tecnoloxías intelixentes para aumentar a reciclaxe.