CITIC
Talentia Summit_Guillermo López Taboada

Guillermo López Taboada ofrece unha charla sobre emprendemento na feira de talento e emprego Talentia Summit

22/11/2021 – CITIC

O investigador do CITIC Guillermo López Taboada ofrecerá este martes 23 de novembro un relatorio sobre Experiencias de Emprendemento nas Charlas Universitarias Talentia Summit, unha nova iniciativa da feira virtual de talento e emprego Talentia Summit´21, que se está celebrando desde o 15 ata o 26 de novembro.

Estas charlas reúnen a futuros profesionais e académicos en fase de formación universitaria con referentes do talento en empresas, para compartir a súa experiencia e coñecementos na contorna da universidade.

A charla impartida por López Taboada, que ademais é cofundador da empresa Torusware, spin-off da UDC, terá lugar o martes 23 ás 13:00 h no Salón de Graos “Víctor Gulías” da Facultade de Informática da UDC e retransmitirase a través da canle de Youtube da FIC.

No relatorio presentaranse distintas experiencias de emprendemento, tanto a do propio emprendedor, a daqueloutros emprendedores do ecosistema nacional coas que compartiu traxectoria e outras experiencias de compañías coñecidas mundialmente. O obxectivo é coñecer, desde dentro, que é e como funciona unha start-up e que implicacións ten o emprendemento canto a aprendizaxe e desenvolvemento persoal e da carreira profesional.

Máis información e inscrición