CITIC
CEDCOVID1

Hoxe incorpóranse ao CITIC 16 investigadores que se integrarán ao proxecto CEDCOVID

01/07/2021 – CITIC

Esta mañá incorporáronse ao CITIC 16 investigadores que se integrarán ao equipo do proxecto CEDCOVID: Ciencia e enxeñería de datos para a avaliación, predición poboacional e personalizada da evolución da enfermidade COVID-19. O novo equipo investigador desenvolverá durante os próximos tres meses tarefas de procesamento, análise e visualización de datos relacionados coa pandemia COVID-19.

O investigador principal do proxecto, Ricardo Cao, foi o encargado de recibir ás novas incorporacións e explicarlles en detalle o seu labor nos próximos meses. Tamén o acompañaba o subdirector do CITIC, Javier Pereira, e membros do equipo investigador do proxecto.

O proxecto CEDCOVID fundaméntase nunha solución baseada en aplicación web e app para a recollida de datos que ofrecerá modelos de predición xeral e individual para detección de anomalías visualización xeolocalizada. Tamén se centra no desenvolvemento de funcións avanzadas de procesado de datos con intelixencia artificial. Conta co financiamento da Axencia Galega de Innovación (GAIN), o apoio da Consellería de Economía, Empresa e Innovación e o cofinanciamento do Fondo Europeo de Desenvolvemento Rexional (FEDER).