CITIC

Investigación científica e aprendizaxe supervisada no TIC Talk de xuño

26/06/2024 - CITIC

Este martes tivo lugar o Almorzo TIC Talk de xuño coas exposicións de David Rivas e Alberto Manzano. Estas sesións teñen unha periodicidade mensual e buscan promover sinerxías entre o persoal investigador.  

Neste sentido, Alberto Manzano presentou “TIC Talks, ciencia e especulación”. Durante a charla expuxo un debate sobre se o formato de congreso é o máis adecuado para difundir os avances científicos e se, a partir das ideas extraídas, deberíase actualizar o formato habitualmente utilizado nos TIC Talks. 

David Rivas expuxo «Self-Supervised Contrastive learning for Retinal Image Registration». Na súa tese aborda o funcionamento dos métodos de rexistro de imaxes de retina utilizando aprendizaxe autosupervisado, tarefa de gran utilidade para facilitar e mellorar os diagnósticos médicos. Este tipo de aprendizaxe, o “self-supervised learning”, emprégase para aprender directamente dos datos existentes sen necesidade de anotacións explícitas achegadas por expertos.