CITIC
Charlas Muncyt 11F_web

Investigadoras do CITIC participarán nas charlas “Directo 11F: Conecta con enxeñeiras informáticas” no MUNCYT

09/02/2023 – CITIC

As investigadoras do CITIC Ana López Cheda, Verónica Bolón Canedo e Adriana Dapena Janeiro participarán este venres 10 de febreiro, de 10:20 h a 13:10 h, na iniciativa “Directo 11F: Conecta con enxeñeiras informáticas” con tres charlas en formato en liña, organizadas polo MUNCYT da Coruña e a Facultade de Informática da UDC.

As charlas teñen a finalidade de que alumnado de secundaria, bacharelato e FP coñeza que motivou as vocacións tecnolóxicas das relatoras e como é o seu traballo en ámbitos como a intelixencia artificial, a comunicación cerebro-ordenador e a estatística aplicada.

PROGRAMA:

  • 10:20-11:10 h. “Análise de supervivencia: que papel xoga a estatística durante pandemias?” por Ana López Cheda, investigadora distinguida do programa Beatriz Galindo no ámbito de Matemáticas.
  • 11:20-12:10 h. “Intelixencia artificial: unha cuestión de xénero” por Verónica Bolón Canedo, profesora e investigadora en Intelixencia Artificial, académica de número da Academia Nova de España e correspondente da Real Academia de Ciencias.
  • 12:20-13:10 h. “Comunicación cerebro-ordenador: ficción ou realidade?” por Adriana Dapena Janeiro, catedrática e investigadora na área de Teoría do Sinal e Comunicacións e vicedecana de relacións institucionais da FIC.

Reservas: reservascor@muncyt.es e no tlf. 689 578 727