CITIC

Investigadores do CITIC organizan un curso de RedCap xunto coa cátedra Handytronic - Grupo Telecon

11/06/2019

Investigadores do CITIC colaboran coa cátedra Handytronic – Grupo Telecon, dirixida polo subdirector do centro, Javier Pereira, e adscrita á Facultade de Informática da UDC, na organización dun curso gratuíto de introdución a RedCap (Research Electronic Data Capture), unha plataforma para investigación que permite a captura de datos de estudos biomédicos.

O curso semipresencial “Redcap. Registro de datos en estudios biomédicos” tratará os fundamentos de utilización da plataforma como investigador e exemplos de proxectos no que se utilizan escalas e tests para levar a cabo diferentes tipos de estudos. O curso consta de dous partes: por un lado, o curso presencial cunha duración de 4 horas e, por outra, un proxecto de desenvolvemento virtual cunha esixencia de dedicación estimada doutras 6 horas. Este módulo será desenvolto utilizando a plataforma de teleformación Moodle.

O rexistro é aberto e gratuíto