CITIC

Investigadores do CITIC organizan un curso MOOC sobre tecnoloxías para a participación activa en diversidade funcional

21/01/2020

Un grupo de investigadores do CITIC organiza o curso MOOC “Tecnoloxías para a participación activa en diversidade funcional“, que acolle a plataforma MiríadaX. O curso dará comezo o próximo 10 de febreiro e é de inscrición libre e gratuíta. Estará impartido polo subdirector do CITIC Javier Pereira e as investigadoras Betania Groba, Laura Nieto e Thais Pousada.

Este MOOC ofrece unha perspectiva práctica e completa sobre as características, funcionamento e aplicacións de diferentes produtos de apoio, programas, APP, software de programación e robótica. O obxectivo é que os participantes adquiran coñecementos básicos sobre diferentes recursos para a promoción da autonomía e a participación das persoas con diversidade funcional.

O MOOC está composto por 4 módulos (un por semana), cunha dedicación horaria de 4 horas por semana para a lectura e visualización dos materiais básicos de formación, así como para a realización das actividades propostas e participación nos foros.