CITIC

Investigadores do CITIC organizan unha conferencia impartida polo investigador Alexandre P. Francisco

11/09/2018

Investigadores do CITIC organizan a conferencia Phylogenetic inference, analysis and visualization, impartida polo investigador do Instituto de Engenharia de Sistemas e Informática – Investigação e Desenvolvimento (INESC-ID) de Lisboa, Alexandre P. Francisco.

A conferencia está enmarcada dentro de BIRDS, proxecto de I+D de ámbito internacional liderado por investigadores da área de ciencia de datos e información do CITIC, no que participan universidades de Finlandia, Xapón, Australia, Chile e Portugal.

A charla terá lugar o próximo mércores 12 de setembro ás 12.30 horas na Sala Connect do CITIC.