CITIC

Investigadores do CITIC participan no MICCAI 2018

25/09/2018

Os investigadores da área de Percepción, Cognición e Interacción do CITIC, Álvaro Suárez Hervella, José Rouco Maseda e Jorge Novo Buján, presentaron un traballo no MICCAI 2018 (21st International Conference On Medical Image Computing & Computer Assisted Intervention), que tivo lugar en Granada do 16 ao 20 de setembro. Trátase do congreso de maior relevancia internacional en análise de imaxe biomédica e ciruxía asistida por computador, que congrega anualmente ás mellores investigacións do mundo neste ámbito.

Os investigadores do CITIC presentaron un traballo de imaxe médica oftalmológica sobre un modelo innovador de xeración de imaxe de angiografía de fondo de ollo a partir de retinografía usando aprendizaxe profundo. O traballo titulase Retinal Image Understanding Emerges from Self-Supervised Multimodal Reconstruction.

A conclusión principal do mesmo é que esta técnica permite usar aprendizaxe non supervisado para detectar estructuras relevantes del fondo de ollo e reproducilas na apariencia de outra modalidade diferente, frecuentemente utilizada no ámbito oftalmolóxico.