CITIC

Investigadores do CITIC participan na 4ª Reunión General Biostatnet

25/01/2019

Os investigadores do CITIC Graciela Estévez e Mario Francisco participan na 4ª Reunión General Biostatnet, que ten lugar o 25 e 26 de xaneiro en Santiago de Compostela. Graciela Estévez exporá mañá a conferencia “A ranking procedure for functional data” e, pola súa parte, Mario Francisco participa tamén mañá sábado na mesa redonda “Data Science, Statistics and Training”, coa charla “Degree in Data Science and Engineering at UDC”.

O principal obxectivo desta reunión é reforzar os vínculos entre os membros da rede Biostatnet, así como o de intercambiar os últimos avances científicos obtidos polos seus membros.

Un dos principais obxectivos da Red Nacional de Bioestadística é promover a investigación bioestatística de excelencia, de carácter interdisciplinar que se realiza en España, fomentando, entre otras accións, a colaboración entre os grupos da rede.