CITIC

Investigadores do CITIC participan na xunta anual da Sociedade Española de Recuperación de Información

10/07/2020

Os investigadores de CITIC Fidel Cacheda, Javier Parapar e Diego Fernández participaron este xoves 9 de xullo na xunta anual da Sociedade Española de Recuperación de Información (SERI). A reunión enmarcouse no congreso online CIRCLE 2020, que se celebrou do 6 ao 9 de xullo.

Os asistentes abordaron os próximos eventos que se realizarán desde o SERI, así como o V Premio da SERI á mellor tese doutoral no campo da Recuperación de Información, para as teses lidas entre o 1 de xuño de 2018 e o 31 de maio de 2020 por parte de doutorandos tanto españois como estranxeiros defendidas en universidades españolas e por parte de estudantes españois en universidades estranxeiras.

A SERI integra a investigadores, profesionais, grupos de investigación e empresas, amparados baixo o paraugas común da Recuperación de Información, para promover actividades cuxo fin principal sexa o avance da investigación en RI e a súa transferencia á sociedade.