CITIC

Investigadores do CITIC participan na terceira edición de Campus Vivo co proxecto "Xeometría Aplicada"

15/07/2019

A exposición “Campus Vivo. Investigar na Universidade” do MUNCYT seleccionou un proxecto da UDC, no que participan varios investigadores do CITIC. Trátase da iniciativa “Xeometría Aplicada”, na que se propoñen unha serie de actividades orientadas ao público xeral que pretenden poñer de relevo a importancia da xeometría en enxeñería e en arquitectura. E, ao mesmo tempo, dar a coñecer algúns traballos do campo da xeometría aplicada realizados na UDC.

A coordinadora do proxecto e membro do CITIC é Adriana Dapena Janeiro, do departamento de Enxeñería de Computadores. Ademais, participan tamén os outros membros do CITIC Paula M. Castro Castro, do Departamento de Enxeñería de Computadores e Francisco J. Vázquez Araujo, do Departamento de Enxeñería de Computadores. Da Universidade da Coruña, participan os profesores Miguel Brozos Vázquez, do Departamento de Matemáticas; María J. Pereira Sáez, do Departamento de Economía; María J. Souto Salorio, do Departamento de Computación, e Ana D. Tarrío- Tobar, do Departamento de Matemática. Conta tamén coa colaboración da profesora Ana Belén Rodríguez Raposo, da Universidade de Santiago de Compostela.

O obxectivo desta exposición, realizada por CRUE Universidades Españolas e o Museo Nacional de Ciencia e Tecnoloxía, é trasladar á sociedade a importancia da investigación que se realiza nas institucións académicas de ensino superior para a mellora do desenvolvemento territorial e social e a calidade de vida dos cidadáns.