CITIC

Investigadores do CITIC converten un ano máis A Coruña no punto de referencia internacional da analítica de datos co Big Data Coruña 2018

05/10/2018

  • O top 30 dos mellores científicos en Big Data por Innovation Enteprise, Paco Nathan, e a programadora e científica de datos do BBVA Innovation Lab, Gema Parreño, foron dous dos poñentes de referencia das jornadas.
  • A investigadora do CITIC, Amparo Alonso-Betanzos, e o tamén investigador do Centro e da área de Big Data da University College London (UCL), David Martínez, lideraron a organización deste evento que contou coa colaboración do CITIC, da Rede Galega de Tecnoloxías Cloud e Big Data para HPC, e a Rede Española de Big Data e Análise de datos escalable.

A Coruña, 5 de outubro de 2018.- Investigadores do CITIC converteron un ano máis a cidade de A Coruña no punto de  referencia a nivel internacional da analítica de datos co Big Data Coruña 2018. Esta cuarta edición do evento, celebrada onte e hoxe, foi un lugar no que científicos de primeiro nivel abordaron os novos retos da analítica de datos en todos os ámbitos da sociedade. O Big Data Coruña 2018 conta coa colaboración do  CITIC, da Xunta de Galicia, da  Rede  Galega de Tecnoloxías  Cloud e Big Data para  HPC, e a Rede Española de Big Data e Análise de datos escalable.

A organización do evento foi liderada pola investigadora do  CITIC, presidenta da Asociación Española para a Intelixencia Artificial e catedrática de Ciencias da Computación e Intelixencia Artificial da UDC, Amparo Alonso-Betanzos, e polo tamén investigador do  CITIC, da área Big Data da  University  College  London e director da área de investigación de  Spartan Data, David Martínez. Ambos mostraron a súa satisfacción por conseguir unha “moi boa acollida” nas dúas xornadas do Big Data Coruña 2018. Desta maneira, desde a organización destacan que eventos coma este son espazos craves para dar a coñecer as novas profesións do futuro, profesións para as que existe unha importante demanda de talento.

Científicos de referencia

O Big Data Coruña 2018 contou con científicos e investigadores de referencia internacional, como un  top 30 dos mellores científicos en Big Data por Innovation  Enteprise, Paco Nathan, e a programadora e científica de datos do BBVA Innovation Lab, Gema Parreño. O evento tamén serviu para a presentación as  startups Inversa, TestCloud e DataSpartan, e contou coa participación de científicos de institucións de primeiro nivel como Santander UK Technology, Apache  Kylin, Recogn AI e Ávoris Reinventing Travel.

Sobre o CITIC

O CITIC é un Centro de Investigación Singular que potencia o avance e a excelencia en I+D+i aplicado ás TIC. Impulsado pola Universidade de A Coruña, é un punto de encontro entre a Universidade e a empresa no que conflúen departamentos de I+D de empresas do sector TIC con investigadores procedentes do ámbito universitario. No ano 2016, o CITIC recibe o distintivo de Centro Singular de Investigación de Galicia 2016-2019, sendo o único centro TIC de Galicia recoñecido con esta distinción, cofinanciado pola Xunta de Galicia e pola Unión Europea a través do Fondo Europeo de Desenvolvemento Rexional.