CITIC
CITIC foto

Investigadores do CITIC obteñen cinco axudas da Xunta para a consolidación e estruturación de unidades de investigación competitivas

01/07/2021 – CITIC

A Xunta de Galicia, a través da Consellería de Cultura, Educación e Universidade e da Vicepresidencia Segunda e Consellería de Economía, Empresa e Innovación, resolveu as axudas para a consolidación e estruturación de unidades de investigación competitivas e outras accións de fomento nas universidades do SUG, nos organismos de investigación de Galicia e noutras entidades do Sistema galego de I+D+i para o ano 2021. Nesta convocatoria, investigadores do CITIC obtiveron cinco axudas.

  • Na modalidade A, grupos de referencia competitiva (GRC), foron recoñecidos os grupos coordinados polos investigadores Richard Duro, Nieves Brisaboa e Juan Touriño.
  • Na modalidade B, grupos con potencial de crecemento (GPC), foi recoñecido o grupo coordinado por Carlos Dafonte.
  • Por último, na modalidade C, proxectos de persoal investigador con traxectoria excelente, obtivo unha axuda o investigador José A. Iglesias Guitián.