CITIC

Investigadores do CITIC organizan unha conferencia sobre sistemas biolóxicos complexos

09/07/2018

Investigadores da área de ciencia de datos e información do CITIC organizan a conferencia Sistemas biológicos complejos: casos de estudio de resistencia a las drogas en modelos celulares, impartida polo profesor da Facultade de Microbioloxía e Centro de Investigación en enfermidades tropicais da Universidade de Costa Rica, José Arturo Molina Mora.

A conferencia terá lugar o próximo 11 de xullo ás 12 horas na aula de Grados Víctor Gulías da Facultade de Informática da Universidade da Coruña. A asistencia é libre e gratuita ata completar aforo.