CITIC
iwann

Investigadores do CITIC organizan unha sesión especial no congreso IWANN 2021

02/07/2021 – CITIC

As investigadoras do CITIC Amparo Alonso, Bertha Guijarro e Noelia Sánchez e o investigador Alejandro Rodríguez organizaron unha sesión especial no congreso IWANN 2021 – IWANN: International Work-Conference on Artificial and Natural Neural Networks, que se celebrou do 16 ao 28 de xuño de forma online.

Esta sesión abordou os modelos baseados en axentes para o deseño de políticas cara a un mundo máis sostible. Os modelos baseados en axentes (ABM) son potentes modelos computacionais que poden simular as accións e interaccións de entidades autónomas. Durante os últimos anos, as ciencias sociais fixeron un uso común da ABM para simular fenómenos sociais co fin de comprender e predicir aspectos básicos do comportamento social. Desta maneira, estes modelos apoian a implementación e proba de diferentes escenarios probables que permiten extraer conclusións útiles para orientar o deseño de políticas adecuadas que promovan comportamentos máis sostibles.

Más información