CITIC

Investigadores do CITIC participan no congreso internacional ALGORITMY 2020

30/09/2020 – CITIC

O investigador do CITIC Carlos Vázquez Cendón impartiu unha conferencia plenaria no congreso internacional ALGORITMY 2020 – 21th Conference on Scientific Computing, celebrado en Eslovaquia do 10 ao 15 de setembro. A conferencia levou por título “Computational advances in financial mathematics for valuation adjustments (XVA)”. Ademais, a investigadora Beatriz Salvador Mancho tamén participou impartindo unha charla invitada nunha das sesións especiais do congreso dedicada aos métodos matemáticos e computacionais en finanzas.

ALGORITMY representa a serie centroeuropea máis antiga de reunións científicas internacionais de alto nivel dedicadas ás matemáticas aplicadas e os métodos numéricos nas ciencias computacionais e a enxeñaría.

Esta 21ª edición estivo dedicada aos métodos computacionais, a súa análise, realización algorítmica e aplicación a problemas do mundo real que xorden das ciencias naturais, enxeñaría, tecnoloxía, medicina e finanzas.