CITIC

Investigadores do CITIC reciben un recoñemento na 5th Spanish Conference on Information Retrieval en Zaragoza

12/07/2018

Os investigadores do CITIC, Eva Suárez-García, Alfonso Landín, Daniel Valcarce e Álvaro Barreiro recibiron o premio Best Student Paper na 5th Spanish Conference on Information Retrieval (CERI2018), que tivo lugar en Zaragoza entre o 25 e o 27 de xuño. O traballo premiado foi Term Association Measures for Memory-based Recommender Systems.

Organizada pola Universidade de Zaragoza, a conferencia é un punto de encontro para investigadores do ámbito da Recuperación de Información. Ten lugar de forma bianual; a edición de 2014 celebrouse na Coruña, co CITIC como entidade coorganizadora.

O investigador Alfonso Landín recollendo o diploma acreditativo