CITIC

Javier Parapar, membro do Editorial Board da revista Information Processing & Management

07/11/2018

O investigador do CITIC Javier Parapar é novo membro do Editorial Board da revista Information Processing & Management, da editorial Elsevier. Trátase dunha publicación académica de gran impacto e tradición; o seu primeiro número editouse en 1963 co nome de Information Storage and Retrieval. Foi en 1975 cando cambiou o seu nome ao actual.

Así, o investigador do CITIC formará parte do Editorial Board xunto con diferentes representantes de universidades, institucións e empresas de todo o mundo.