A codirectora do Laboratório de Reabilitação Psicossocial visita o CITIC
30/05/2019
A profesora da Facultade de Psicoloxía da Universidade de Porto e codirectora do Laboratório de Reabilitação Psicossocial, Cristina Queiros, visitou o CITIC co obxectivo de poñer en marcha o proceso de avaliación desde a perspectiva psicolóxica dun estudo piloto sobre o estrés e a actividade física.
Este estudo estase levando a cabo entre o persoal do CITIC, utilizando wearables que permiten medir aspectos biométricos e unha plataforma de saúde participativa desenvolta polo grupo de Tecnoloxía Aplicada á Investigación en Ocupación, Igualdade e Saúde (TALIONIS). O proxecto está sendo promovido desde a Cátedra Handytronic-Grupo Telecon.
A estancia foi financiada polo programa IACOBUS, que ten como obxectivo principal fomentar a cooperación e o intercambio entre os recursos humanos dos centros de ensinanza superior da Eurorrexión Galicia – Norte de Portugal – Profesores; Investigadores; Persoal de Administración e Servizos (PAS), facilitando a posta en común de actividades formativas, de investigación e de divulgación.