CITIC

A GAIN ofrece un servizo de revisión de propostas para as convocatorias do ERC

14/09/2018

Dentro das actividades do Programa OPORTUNIUS, orientado a incrementar a participación galega nos  programas do European Research Council – ERC, a Axencia Galega de Innovación (GAIN) ten dispoñible un servizo de revisión e análise de propostas para as convocatorias do ERC, así como a realización de accións formativas para o persoal investigador vinculado a entidades galegas de investigación.

Agardando a publicación definitiva do programa de traballo 2019 do ERC, e contando con que as datas de peche previstas son similares a ocasións anteriores, o servizo OPORTUNIUS de revisión de propostas e emisión de informes xa está dispoñible no apartado candidatos ERC da páxina web da GAIN, coas seguintes datas límite para a recepción dos cuestionarios:

Consolidator Grant 2019: 9 de novembro de 2018
Advanced Grant 2019: 1 de xuño de 2019

Máis información no 981 33 71 15 e no enderezo oportunius.gain@xunta.es