CITIC

A investigadora Adriana Dapena colabora no programa D’tec da GAIN

08/11/2019

A investigadora do CITIC Adriana Dapena participou, xunto con membros dos grupos de investigación GTEC, XDA e UDCiencias da Universidade da Coruña, no programa D´tec da Axencia Galega de Innovación (GAIN) da Xunta de Galicia. En concreto, organizaron o taller “Enredando coas matemáticas”, no que se exploraron conceptos e propiedades matemáticas das curvas, superficies e rexións a partir de material interactivo e manipulable. O taller tivo lugar do 4 ao 8 de novembro no Centro de Innovación e Servizos das Tecnoloxías e o Deseño de Ferrol.

O programa D’tec ten o obxectivo de fomentar as vocacións científico-tecnolóxicas entre estudantes de primaria, secundaria, bacharelato e ciclos formativos, así como en toda a comunidade educativa galega (mocidade, profesorado e familias).

Así, no marco desta iniciativa, estanse organizando diferentes accións para poñer en valor a importancia da innovación, a ciencia e a tecnoloxía como unha das claves para o desenvolvemento de Galicia.