CITIC

A investigadora do CITIC Amparo Alonso foi reelixida presidenta da AEPIA

31/10/2018

A investigadora do CITIC Amparo Alonso foi reelixida presidenta da Asociación Española para la Inteligencia Artificial (AEPIA). Alonso revalidou o seu cargo por unanimidade e o acto tivo lugar durante a XVIII Conferencia de la Asociación Española para la Inteligencia Artificial (CAEPIA 2018)

A AEPIA é unha asociación formada por docentes, investigadores e profesionales que comparten intereses en temas relacionados coa Intelixencia Artificial.