CITIC

A investigadora Thais Pousada participa no AAATE e o GReAT

02/09/2019

A investigadora Thais Pousada participou durante o mes de agosto na 15 Conferencia Internacional da Asociación Europea polo Avance da Tecnoloxía de Apoio (AAATE) e o Global Report on effective access Assistive Technology (GReAT), organizado pola Organización Mundial da Saúde (OMS).

En canto á AAATE, a investigadora do CITIC presentou os resultados de tres estudos desenvolvidos en España sobre o uso e a aceptación da tecnoloxía e produtos de apoio por parte de estudantes universitarios con e sen discapacidade. O congreso tivo lugar en Bolonia (Italia) do 27 ao 30 de agosto. Baixo o título “Retos globais para a investigación, política e práctica”, supuxo a oportunidade de intercambiar coñecementos, ideas, así como establecer novas sinerxias de traballo con expertos internacionais.

Ademais, o CITIC estivo presente na formación da Alianza Internacional de Organizacións de Tecnoloxía de Apoio (IAATO), e participou na elaboración da Declaración de Bolonia 2019 (A Call for Action to Improve Access to Quality Assistive Technology for Realising Fundamental Human Rights and Achieving the Sustainable Development Goals).

Thais Pousada tamén asistiu ao Global Report on effective access Assistive Technology, organizado pola Organización Mundial da Saúde (OMS) en Xenebra o 22 e 23 de agosto. Nel presentou a experiencia da aplicación do modelo Matching Person & Technology

Este encontro reúne a profesionais expertos e usuarios de todo o mundo para debater sobre as necesidades, prioridades e innovación para os dispositivos e tecnoloxías de apoio, e garantir o seu acceso a toda a poboación en igualdade de condicións.