CITIC

A UDC acollerá a apertura do curso académico das universidades españolas nun acto no que participará Amparo Alonso

11/09/2019

A Universidade da Coruña acolle o próximo luns 30 de setembro o acto de apertura do curso académico das universidades españolas, coa presenza do Rei Felipe VI e do ministro de Ciencia, Innovación e Universidades en funcións, Pedro Duque. A lección inaugural do acto será a cargo da investigadora do CITIC, catedrática de Computación e IA da UDC e presidenta da AEPIA, Amparo Alonso.

O presidente da Xunta de Galicia, Alberto Núñez Feijóo, e o reitor da UDC, Xulio Abalde Alonso, recibirán no reitorado ao presidente de Conferencia de Reitores das Universidades Españolas (CRUE), José Carlos Gómez Villamandos, así como ao resto de reitores das universidades españolas, académicos e autoridades civís e militares.