CITIC

Luis Castedo participa nunha reunión do CHIST-ERA en calidade de membro do SAB

31/01/2020

O investigador do CITIC Luis Castedo participou estes días nunha reunión do programa de proxectos europeos CHIST-ERA, en calidade de membro do Scientific Advisory Board (SAB). A reunión tivo lugar en Praga.

O programa CHIST-ERA, promovido pola Comisión Europea no marco do programa H2020 baixo o esquema ERA-NET, ten como obxectivo fomentar a cooperación e a coordinación de actividades e políticas de investigacións en Tecnoloxías da Información e as Comunicacións dos Estados Membros e Asociados da UE.

O SAB está formado por expertos de alto nivel dos principais institutos públicos de investigación, a industria e outros stakeholders relevantes nas TIC. O SAB participa na selección dos temas das CHIST-ERA.