CITIC

Margarita Alonso organiza o taller “Estratexias para comunicar oralmente a túa investigación”, dirixido a estudantes de doutoramento

07/04/2021 – CITIC

Margarita Alonso, investigadora do CITIC e coordinadora do Programa de doutoramento en Estudos Lingüísticos da UDC, organiza o taller “Estratexias para comunicar oralmente a túa investigación”, dirixido a estudantes de doutoramento da UDC e a UVigo.

O taller estará impartido por Paula Carballeira, escritora, contacontos e actriz galega que recibiu, entre outros, o Premio Manuel María de Literatura Dramática (2006, 2011 e 2018) e o Frei Martín Sarmiento (2016).

A actividade formativa terá lugar os días 8 e o 9 de abril, ás 12:00 horas, no salón de graos da Facultade de Filoloxía da UDC. Tamén se poderá asistir de xeito online a través da plataforma Teams.

Todos os interesados en asistir ao taller de forma online poderán seguilo a través deste enlace.