CITIC

María Martínez participou no congreso internacional UCAmI en Toledo

17/12/2019

A investigadora do CITIC María Martínez Pérez participou no 13th International Conference on Ubiquitous Computing and Ambient Intelligence (UCAmI 2019), que se celebrou do 2 ao 5 de decembro en Toledo, presentando a comunicación “Tracking and Minimization of Adverse Events in the Patient Care Process while in a Hospital Emergency Service Area”. O obxectivo principal deste traballo é o de integrar e informatizar nunha aplicación as tarefas máis importantes no proceso de prescrición, dispensación e administración de medicamentos aos pacientes durante a súa estancia nun centro hospitalario.

O congreso internacional UCAmI é un referente na Computación Ubicua que evolucionou recentemente a un paradigma máis xeral coñecido como Intelixencia Ambiental, que representa unha nova xeración de contornas e sistemas informáticos centrados no usuario. Estas solucións teñen como obxectivo atopar novas formas de obter unha mellor integración das Tecnoloxías da Información nos dispositivos e actividades da vida cotiá.