CITIC

Membros do CITIC reúnense coa alcaldesa da Coruña

10/09/2020 – CITIC

Os membros do área de Intelixencia Artificial do CITIC, Marcos Ortega e Pablo Guillemette, reuníronse coa alcaldesa da Coruña, Inés Rey. O obxectivo do encontro foi presentar os últimos avances en investigación contra o COVID-19 mediante a análise de imaxe radiolóxica e Intelixencia Artificial, en colaboración co responsable da área de Radiodiagnóstico do CHUAC, José Manuel Castro.

A alcaldesa da Coruña transmitiu a súa admiración polo seu gran potencial diagnóstico, ademais de ser “un orgullo para A Coruña”, xa que a iniciativa naceu no seo do CITIC en colaboración cos investigadores do CHUAC (INIBIC-Fundación Novoa Santos).

A alcaldesa tamén trasladou aos membros do CITIC o seu “apoio para continuar nesta liña, xa que serve como exemplo do importante que é a investigación e a colaboración multidisciplinar entre os expertos para loitar contra esta pandemia”.