CITIC

Taller de robótica para escolares no Colexio Calasanz PP. Escolapios

22/11/2018

O CITIC organiza  uns talleres de robótica destinados a nenas e nenos de 3º de primaria do colexio Calasanz PP. Escolapios. A acción enmárcase no eixo mWeek KIDS da Mobile Week Coruña e terá lugar o 22 de novembro nas instalacións do colexio en horario de mañá

Os talleres contarán con dispositivos Lego Wedo, Escornabot, Makeblock e Robot Evolution. Tamén se realizarán xogos interactivos desenvoltos con Scratch, nos que non faltarán las pizarras electrónicas, as lentes con sensores e diferentes elementos a través de MakeyMakey, producto de hardware aberto que da a oportunidade de ter unha primeira toma de contacto cunha placa de circuitos impresos.

Con esta acción preténdes achegar as TIC aos máis pequenos e espertar o seu interese por elas.