
Unha delegación da Universitatea Petrol-Gaze din Ploiești de Rumania visita o CITIC
O CITIC recibiu hoxe a visita dos profesores Marius Gabriel Petrescu e Mirela Panait da Universitatea Petrol-Gaze din Ploiești de Rumania, acompañábaos Féliz Puime, profesor da Facultade de Economía e Empresa da UDC, co que actualmente colaboran no marco dun acordo Erasmus + asinado entre ambas as institucións.