CITIC

NOVIDADES

Convocatorias

A Cátedra R en Ciberseguridade, dirixida polo investigador do CITIC, Carlos Dafonte, convoca unha nova edición dos premios aos mellores traballos en ciberseguridade dixital

A Cátedra R en Ciberseguridade, dirixida na UDC polo investigador do CITIC Carlos Dafonte, convoca os V Premios aos Mellores Traballos Académicos e de Investigación en Ciberseguridade Dixital. O obxectivo principal destes premios é “a promoción e difusión da actividade docente e investigadora no ámbito da ciberseguridade”. 

Leer máis »

O Goberno financia tres novos proxectos nos que participa o CITIC da UDC sobre intelixencia artificial para detección de bacterias, saúde laboral e vixilancia tecnolóxica

Tres proxectos nos que participa o Centro de Investigación TIC (CITIC) da Universidade da Coruña foron seleccionados pola entidade Red.es do Ministerio de Asuntos Económicos e Transformación Dixital e financiados con preto de 1,4 millóns de euros. Algoritmos de predición de superbacterias en hospitais, prevención de enfermidades profesionais e métodos intelixentes de minería de textos para melloras en vixilancia tecnolóxica teñen como denominador común a aplicación da intelixencia artificial á optimización de procesos en diferentes ámbitos de impacto económico e social.

Leer máis »

O CITIC acollerá unha xornada sobre Cascade Funding

O próximo 3 de xuño o CITIC acollerá a “Xornada de presentación de convocatorias Cascade Funding”, organizada en colaboración con econet-FundingBox. O obxectivo é dar a coñecer a grupos de investigación, pemes, midcaps e start-ups a financiación en cascada, un método de financiación da Comisión Europea.

Leer máis »

Aberta a convocatoria dos Premios Sociedade de Estatística e Investigación Operativa – Fundación BBVA 2021

A Sociedade de Estatística e Investigación Operativa (SEIO) e a Fundación BBVA convocaron a segunda edición dos premios SEIO-Fundación BBVA, destinados a recoñecer as achegas científicas máis innovadoras e influíntes en estatística e investigación operativa. Estes galardóns teñen o obxectivo de incentivar o traballo dos mellores investigadores nestas áreas e de impulsar a proxección das disciplinas ao conxunto da sociedade.

Leer máis »

A Xunta convoca 151 novos contratos predoutorais e posdoutorais

A Xunta convocou 151 novas axudas predoutorais e posdoutorais da modalidade de formación inicial de investigadores en Galicia. Estas axudas contan cun financiamento de 15,2 millóns de euros aportados polos orzamentos autonómicos a través dunha acción conxunta entre a Consellería de Cultura, Educación e Universidade e a Vicepresidencia segunda e Consellería de Economía, Empresa e Innovación.

Leer máis »