CITIC
citic-exterior

O CITIC acollerá unha xornada sobre Cascade Funding

23/05/2022 – CITIC

O próximo 3 de xuño o CITIC acollerá a “Xornada de presentación de convocatorias Cascade Funding”, organizada en colaboración con econet- FundingBox. O obxectivo é dar a coñecer a grupos de investigación, pemes, midcaps e start-ups o financiamento en cascada, un método de financiamento da Comisión Europea que ten como obxectivo impulsar a creación de novas empresas, aumentar a escalabilidade de novos produtos e impulsar a adopción ou desenvolvemento de innovación tecnolóxicas nas empresas. A xornada contará coa presenza de representantes de GAIN, DIHGIGAL e o Clúster TIC, así como de expertos en proxectos financiados por este tipo convocatorias.

PROGRAMA

  • 10:00 h.- Benvida (CITIC – Clúster TIC).
  • 10:15 h.- Introdución aos mecanismos e metodoloxías de financiamento en fervenza desenvolvidas pola Comisión Europea. Relatora: Graciela Garrido (econet).
  • 10:45 h.- As principais áreas con Cascade Funding. Relatora: María Gómez-Reino (econet).
  • 11:15 h.- Pausa-café.
  • 11:30 h.- Oportunidades de Cascade Funding. Presentación de proxectos con Open Calls abertas no segundo semestre de 2022. Relatores: Inés Arias ( FundingBox)- Proxecto i4 Trust; Thomas Wilczek (FundingBox)- Proxecto i-Nergy; Daniel Alonso (ITI) – Proxecto EUHUB4Data; Nancy Tarjenian (AIN) – Proxecto AIREGIO.
  • 12:30 h.- Como solicitar e ter éxito en convocatorias Cascade Funding. A receita do éxito. Relatora: María Gómez-Reino (econet).
  • 13:30 h.- Rolda de preguntas.
  • 13:45 h.- Peche da mesa (GAIN – DIHGIGAL).
  • 14:00 h.- Comida- networking.

Para asistir á xornada é necesario inscribirse a través do seguinte formulario.