CITIC

Nova edición do Premio Mellor Proxecto TIC con Beneficios Sociais

03/04/2019

A Asociación de Enxeñeiros de Telecomunicación de Galicia, coa colaboración da Amtega, convoca unha nova edición do Premio Mellor Proxecto TIC con Beneficios Sociais. O galardón está destinado a recoñecer os mellores proxectos no ámbito das TIC que contribúan e aporten beneficios á sociedade. 

A este premio, de carácter honorífico, poden concorrer as persoas físicas, entidades e pequenas e medianas empresas, tanto de forma individual como conxunta ou con traballos de equipo, con sede en Galicia.

O prazo de recepción de candidaturas permanecerá aberto ata o luns 15 de abril ás 10:00 horas.

Máis información