CITIC

O CITIC acolle unha nova edición dos almorzos TIC Talk


30/06/2023 - CITIC

Este martes, 27 de xuño, celebrouse unha nova sesión dos almorzos TIC Talk na que se mostraron as liñas de investigación nas que traballan Ana Ribas Rodríguez e Rubén Pérez Jove.

En primeiro lugar, Ana Ribas presentou “Máis aló da sinapsis: as estrelas do cerebro”, na que falou da súa investigación baseada no estudo da función dos astrocitos (un tipo de células do sistema nervioso que interveñen na regulación da actividade neuronal, entre outras funcións) na sinapsis tripartita, para o desenvolvemento de redes neuronais artificiais.

Pola súa banda, Rubén Pérez coa súa charla “fingerAI: An Operating System Fingerprinting Tool Based on Artificial Intelligence”, falou de fingerAI, a ferramenta de fingerprinting de sistemas operativos baseada en técnicas de IA desenvolvida durante o seu traballo de máster, o cal foi recentemente premiado polo Colexio Profesional de Enxeñería Informática de Galicia na categoría de Traballo Fin de Máster en Enxeñería Informática.

Os Almorzos TIC Talk reúnen o último martes de cada mes ao persoal investigador do CITIC que se atopa nas primeiras etapas da súa carreira investigadora, coa finalidade de potenciar a transversalidade e promover posibles colaboracións.