O CITIC acolle unha xornada divulgativa sobre “a vida máis alá do sistema solar” dentro do ciclo Avances
- A investigadora do Centro, Minia Manteiga, coordina xunto a profesora Ana Ulla o ciclo promovido pola Real Academia de Ciencias e a Deputación da Coruña, cuxo prazo de inscrición está aberto (https://forms.gle/FZ6hAQovKHtncLEx9).
- A actividade, á que se poderá asistir de xeito presencial ou en liña, contará tamén con conferencias no IFGAE en Santiago, no Campus de Ferrol da UDC e no Planetario da Casa das Ciencias da Coruña entre o 10 e o 13 de xuño.
A Real Academia Galega de Ciencias (RAGC) e a Deputación da Coruña organizan unha nova edición do ciclo “Avances”, en colaboración do CITIC da UDC, o Instituto Galego de Física de Altas Enerxías (IGFAE-USC), o Campus Industrial da Universidade da Coruña e o Concello da Coruña. Este evento, coordinado polas catedráticas Minia Manteiga e Ana Ulla, celebrarase entre o 10 e o 13 de xuño e abordará temas fundamentais da ciencia actual, dende a orixe do cosmos ata a exploración espacial e a procura de vida extraterrestre.
O propio CITIC acollerá unha xornada divulgativa sobre “Onde a vida poida estar no universo”, na que explorará as posibilidades de vida máis aló do noso sistema solar, centrándose nas investigacións actuais e nos avances científicos neste ámbito. O acto terá lugar no CITIC o vindeiro 12 de xuño e contará cunha presentación a cargo do subdirector do Centro de Investigación TIC, Javier Pereira e da propia Minia Manteiga.
Así mesmo, a xornada do CITIC contará con tres intervencións, a de Benjamín Montesinos Comino, do Centro de Astrobiología (CAB), CSIC-INTA e presidente da Sociedad Española de Astronomía (SEA), que falará sobre “O contexto do noso sistema solar en relación con outros sistemas planetarios”. A participación de Isabel Rebollido Vázquez, da Axencia Europea do Espazo (ESAC), quen tratará a procura de vida máis aló do sistema solar e os retos futuros nesta área. E, por último, coa presenza de Ester Lázaro Lázaro, tamén do Centro de Astrobiología (CAB), CSIC-INTA, que analizará as “bases da vida desde unha perspectiva astrobiolóxica”.
Tras as intervención, haberá un debate, onde os asistentes poderán interactuar cos expertos, permitindo unha discusión enriquecedora sobre os principais avances e desafíos. De feito, este formato fomenta a participación activa e a reflexión crítica entre os participantes, facendo do ciclo Avances unha plataforma dinámica para o intercambio de coñecementos científicos.
Ademais da charla do CITIC están previstas outras tres, unha delas en Santiago o 10 de xuño, outra en Ferrol o día 11 e rematará en A Coruña o 13.
A inscrición no evento pode realizarse na seguinte ligazón: (https://forms.gle/FZ6hAQovKHtncLEx9.